A 6ª reunión de entidades socias do proxecto GEMCAT, liderado pola Xunta de Galicia e participado por entidades socias de Portugal, Castela e León e Estremadura, celebrouse en Ponte de Lima o pasado 21 de febreiro

A 6ª reunión de entidades socias do proxecto GEMCAT, liderado pola Xunta de Galicia e participado por entidades socias de Portugal, Castela e León e Estremadura, celebrouse en Ponte de Lima o pasado 21 de febreiro

O Comité de Dirección do proxecto GEMCAT, Xeración de Emprego de Calidade Transfronteirizo, reuniuse en Ponte de Lima o pasado 21 de febreiro, para comprobar o estado de execución das diferentes actividades.

No encontro déronse cita representantes da Secretaría Xeral de Emprego da Xunta de Galicia, da Consellería de Emprego da Xunta de Castela e León, da Dirección Xeral de Traballo da Xunta de Estremadura, CIM Alto Minho, Universidade do Porto e a Cámara Municipal de Braga.

Un dos asuntos foi o proceso do diálogo social transfronteirizo. Neste senso, a Secretaría Xeral de Emprego da Xunta de Galicia presentou un documento orientación segunda reunión mesa Diálogo Sectorial Transfronteirizo para os sectores da industria 4.0 y textil. O documento final incluirá, entre outros aspectos, os retos, os mecanismos e as ferramentas baseadas no diálogo social que dean resposta aos retos sectoriais.

Por outra parte, durante a xuntanza informouse da preparación dos Foros de Diálogo Social, que se celebrarán en distintos territorios do GEMCAT, eventos que permitirán divulgar o o contido das mesas de diálogo social transfronteirizo, adicadas aos sectores de industria 4.0, sector téxtil, Agroalimentario e de Automoción…


Crecemento demográfico, conciliación responsable e igualdade de oportunidades

Polo que respecta á esta actividade do proxecto GEMCAT, a Universidade de Porto concluíu un estudo sobre a evolución demográfica e as implicacións no mercado laboral transfronteirizo, que en base as suás conclusións deseñaranse 20 políticas públicas que axuden á conciliación no espazo transfronteirizo.

Definiuse que en cada edición de premios se entreguen 8 galardóns, 2 por cada rexión ou comunidade autónoma integrantes do proxecto GEMCAT.

Posteriormente, inaugurose a Oficina RSE-Innolab nas dependencias de Escola Superior de Tecnologia e Gestão – Instituto Politécnico, na localidade portuguesa de Viana do Castelo.

Durante a presentación, o vicerreitor da UP de Relacións coas Empresas, Innovación e Emprendemento, Hélder Vasconcelos, destacou que “o RSE-Innolab marca un punto de inflexión para as empresas e permitirá a xeración de benestar entre os traballadores”.

Mentres, a subdirectora xeral de Relacións Laborais da Xunta de Galicia, María Coutinho, afirmou que “as empresas que queiran ser máis competitivas deben aplicar os criterios de RSE na axenda”.

Pola súa banda, o presidente da CIM de Alto Minho, José María Costa, apuntou que “o RSE-Innolab pretende “dotar ás empresas de ferramentas para fomentar o desenvolvemento de medidas socialmente responsables, incluíndo a incorporación de medidas de igualdade de oportunidades, medidas para a conciliación da vida laboral e familiar”.

No marco do proxecto GEMCAT, crearanse tres INNOLABS máis, en Galicia, Estremadura e Castela e León.