A multinacional da automoción, BorgWarner, presente na segunda sesión networking da RSE Innolab galega

A multinacional da automoción, BorgWarner, presente na segunda sesión networking da RSE Innolab galega

O sábado, 4 de maio, celébrase unha nova sesión networking na oficina de asesoramento a empresas en materia de RSE, a RSE Innolab, situada nas instalacións da Confederación de Empresarios de Pontevedra (Vigo).

Nesta ocasión o alumnado contará coa presenza de Lorena Abelleira, técnico de medio ambiente da multinacional BorgWarner, que conta cunha planta na cidade olívica.

Será unha oportunidade para coñecer as iniciativas de responsabilidade social empresarial desta multinacional, non só no seu apoio á comunidade, senón tamén en como minimizan o seu impacto no medio ambiente.

Por outra banda, durante a sesión networking do sábado, 4 de maio, realizarase un resumo do curso Entende a RSC e elabora o plan de acción da túa organización.

Para acudir á sesión networking podes inscribirte na seguinte ligazón.