A Secretaría Xeral de Emprego da Xunta de Galicia organiza a xornada de lanzamento da RSE-Innolab galega

A Secretaría Xeral de Emprego da Xunta de Galicia organiza a xornada de lanzamento da RSE-Innolab galega

O próximo 13 de marzo, a Secretaría Xeral de Emprego da Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia, celebra a Xornada de lanzamento RSE INNOLAB enmarcada no proxecto POCTEP GEMCAT “Xeración de Emprego de Calidade Transfronteirizo”.

O RSE-Innolab tratase dunha oficina de apoio en materia de Responsabilidade Social Empresarial a través da cal as empresas con sede no ámbito territorial do proxecto GEMCAT ( Galicia; Norte de Portugal; Castilla y León y Extremadura) poderán coñecer solucións para facer fronte ós desafíos da RSE.

Tratarase dunha xornada participativa e dinámica, tanto en canto as persoas asistentes poderán participar nunha dinámica de creatividade “PHOTOCALL RSEMPRESARIAL” coa que se pretende crear un marco que posibilite o intercambio de experiencias vinculadas á RSE e á sustentabilidade.

Así mesmo, a Secretaría Xeral de Emprego dará a coñecer o alcance das actividades e servizos que se levarán a cabo no RSE-Innolab galego.

Os principais obxectivos que se perseguen con este evento son:

• Motivar as empresas para que participen e aproveiten as actividades que se levarán a cabo no centro RSE-Innolab
• Crear e propiciar un marco para o intercambio de experiencias, estratexias e sensibilidades, vinculadas á RSE e á sustentabilidade
• Aumentar a promoción da RSE entre as empresas transfronteirizas

As empresas interesadas en participar deberán inscribirse previamente a través do enderezo rseinnolab-g@gemcat.eu, ou ben, no teléfono +34 664 607 330.

Tamén é posible inscribirse a través do seguinte enlace