Aberto o prazo de inscripción no programa de mentorizaxe para pemes

Aberto o prazo de inscripción no programa de mentorizaxe para pemes

O programa de mentorizaxe está dirixido a pemes do espazo transfronterizo, entre Galicia, norte de Portugal, Estremadura e Castela e León.

Persoal especializado en RSE fará de mentores de empresas que estean interesadas en establecer un plan de acción e implantar medidas neste ámbito.

Ademais, existirá un programa dirixido a directivos de pemes para o deseño de proxectos piloto de RSE con impacto na xeración de emprego de calidade por medio dun servizo de apoio e asesoramento personalizado.

O programa vaise desglosar en dúas fases:

1.DIAGNÓSTICO EN MATERIA DE RSE

2.PLAN DE ACCIÓN E IMPLANTACIÓN DAS PRIMEIRAS MEDIDAS

Fase 1: Elaboración do plan de acción

Fase 2: Implantación e seguimiento

Fase 3: Avaliación

Inscríbete na seguinte ligazón.