Abertas as inscripcións para o Foro en liña de Transferencia de Resultados do Diálogo Social Transfronteirizo

Abertas as inscripcións para o Foro en liña de Transferencia de Resultados do Diálogo Social Transfronteirizo

O vindeiro martes 16 de marzo vaise levar a cabo un Foro en liña de transferencia dos resultados conseguidos no ámbito de Diálogo Social Transfronteirizo no marco do proxecto GEMCAT, organizado pola Dirección Xeral de Relacións Laborais.

A través deste foro preténdese:

  • Continuar coas estratexias de diálogo e fomentar a interrelación entre os diferentes actores do diálogo social transfronteirizo e europeo
  • Transferir os resultados alcanzados no proxecto GEMCAT.
  • Explorar potenciais vías que garantan a sustentabilidade dos procesos de Diálogo Social.
  • Analizar os retos actuais do Diálogo Social a nivel europeo, nacional, autonómico e transfronteirizo.
  • Fortalecer os incipientes e novos procesos de Diálogo Social Transfronteirizo.

 

Podes consultar aquí o programa, e inscribirche a través da seguinte ligazón.