Braga, escenario da segunda reunión de Diálogo Social Transfronterizo de agricultura no marco do proxecto GEMCAT

Braga, escenario da segunda reunión de Diálogo Social Transfronterizo de agricultura no marco do proxecto GEMCAT

Braga acolleu unha sesión do proxecto de Diálogo Social Transfronteirizo sobre agricultura, no marco do proxecto GEMCAT – Xeración de Emprego de Calidade Transfronteirizo. A reunión celebrouse o pasado 29 de marzo.

Este proxecto é o resultado da colaboración entre as comunidades autónomas de Galicia, Castela e León e Estremadura, a Comunidade Intermunicipal do Alto Minho e a Universidade do Porto. Está cofinanciado polo Programa de Cooperación Territorial Transfronteiriza España-Portugal 2014-2020 ( POCTEP).

A sesión, integrada na programación de AGRO 2019, tivo lugar no Altice Forum Braga, e contou coa presenza do vicepresidente dá Cámara de Braga, Firmino Marques.

Marques destacou que “esta iniciativa promove o sector primario e ademais fomenta o emprego cun espírito de concertación, algo que abre un futuro de emprego de calidade”.

Durante a sesión decidiuse propoñer medidas e accións conxuntas para os retos do sector nos próximos anos: a seca, a competitividade das exportacións, o envellecemento da poboación, o éxodo rural, as novas tecnoloxías, a necesidade de formación especializada e as dificultades de contratación de persoal neste ámbito.

Os resultados presentaranse no Foro de Diálogo Social que se celebrará en Mérida en outubro.

Máis información en:

Cámara Municipal de Braga

Facebook Município de Braga