Pechado o prazo de inscrición no programa de mentorizaxe RSE+I

Pechado o prazo de inscrición no programa de mentorizaxe RSE+I

Xa está pechado o prazo de inscrición no programa de mentorizaxe RSE+I, que pretende fomentar a igualdade de oportunidades no marco do proxecto GEMCAT, Xeración de Emprego de Calidade Transfronteirizo.
Un total de 6 empresas recibirán asesoramento no marco desta iniciativa, impulsada pola Xunta de Galicia.
RSE+I pretende implantar a igualdade de oportunidades nas pequenas e medianas empresas a través da figura dun titor, que realizará un acompañamento real. Ademais céntrase na incorporación de medidas de conciliación así como de responsabilidade social empresarial.
O programa RSE+I incluirá dous servizos para as pemes. Un deles é a análise do estado e situación da igualdade de oportunidades na empresa; e por outra banda, un servizo de definición do plan de igualdade. Neste caso, o documento poderase elaborar a partir do informe de resultados da diagnose. A posta en marcha do programa RSE + I servirá para dar orientar e acompañar ás empresas que queiran ter unha primeira toma de contacto co desenvolvemento dun plan de accións centrado na igualdade de oportunidades.
O programa RSE+I enmárcase no obxectivo do Goberno galego de incrementar nun 25% o número de plans de igualdade entre as empresas.