Convocatoria pública transfronteiriza de premios de conciliación e igualdade laboral

Convocatoria pública transfronteiriza de premios de conciliación e igualdade laboral

Hoxe, 01 de outubro de 2019, publícase a 3º edición da convocatoria pública transfronteiriza de premios para o recoñecemento a empresas cunha traxectoria destacada na implantación de política de conciliación e igualdade, enmarcado no proxecto POCTEP GEMCAT “Xeración de Emprego de Calidade Transfronteirizo”.

 

O obxectivo primordial da convocatoria é fomentar e incentivar a incorporación da igualdade de oportunidades e a conciliación da vida laboral, familiar e persoal na xestión dos recursos humanos das organizacións, visibilizar ás organizacións que adopten modelos de xestión que impulsen a igualdade de oportunidades e a conciliación da vida laboral, familiar e persoal, e recoñecer as boas prácticas en materia de igualdade e conciliación das organizacións.

Poderán optar aos premios, as empresas privadas transfronteirizas (con sede no espazo transfronteirizo e/ou actividade transfronteiriza) que, a través das súas políticas e sistemas de xestión, desenvolven actuacións responsables en materia de conciliación e igualdade laboral, demostrando así o seu compromiso activo coa sociedade.

Levaranse a cabo tres edicións dunha mesma convocatoria e, por cada edición, otorgaranse 8 premios, 2 por cada rexión ou Comunidade Autónoma (1 por modalidade) que conforma o proxecto GEMCAT ( Galicia, Norte de Portugal; Estremadura e Castilla y León)

O prazo para optar os premios da 3º edición ábrese o 01 de outubro de 2019 e finaliza o 01 de decembro de 2019.

Para máis información pode consultar as bases da convocatoria no seguinte link.