Descubre os resultados de GEMCAT a través da voz dos seus protagonistas

Descubre os resultados de GEMCAT a través da voz dos seus protagonistas

Xa está dispoñible a memoria audiovisual de presentación de resultados do proxecto GEMCAT (Xeración de Emprego de Calidade Transfronteirizo).

Podes vela través do seguinte enlace.

A Responsabilidade Social Empresarial, o Diálogo Social, a Demografía e Conciliación e a Transferencia foron os alicerces principais de GEMCAT. Neste contexto, realizáronse 4 Foros de Diálogo Social Transfronteirizo e  8 Mesas de Diálogo Social  sectorial (industria, téxtil, automoción e agropecuario). Por outra banda, máis dunha vintena de axentes sociais de Galicia, Castela e León, Estremadura e Norte de Portugal participaron nestes eventos.