Empresas de Galicia, Norte de Portugal, de Castela e León e de Estremadura recoñecidas na 2ª edición de premios de conciliación e igualdade, no marco do proxecto GEMCAT

Empresas de Galicia, Norte de Portugal, de Castela e León e de Estremadura recoñecidas na 2ª edición de premios de conciliación e igualdade, no marco do proxecto GEMCAT

Un total de 8 empresas foron recoñecidas na 2ª edición da convocatoria pública de premios transfronteirizos do proxecto GEMCAT (Xeración  de Emprego de Calidade Transfronteirizo) co-financiado polo programa INTERREG V – España-Portugal (POCTEP).

As premiadas son:

En materia de Conciliación Laboral e Personal

  • Mellor iniciativa na rexión Norte de Portugal Balanças Marques de José Pimenta Marques Lda (Braga)
  • Mellor iniciativa na Comunidade Autónoma de  GaliciaApplus+ (A Coruña)
  • Mellor iniciativa na Comunidade Autónoma de EstremaduraGran Hotel Don Manuel, SL (Cáceres)
  • Mellor iniciativa na Comunidade Autónoma de Castela e León – Grupo Aspasia Ibecon 2003 S.L. (Valladolid)

 

En materia de Igualdade de Oportunidades

  • Mellor iniciativa na rexión Norte de PortugalNQDA- Negro Esquisso Agência Web LDA (Viana do Castelo)
  • Mellor iniciativa na Comunidade Autónoma de GaliciaGaláurea Ayuda a Domicilio (Pontevedra)
  • Melloor iniciativa na Comunidade Autónoma de EstremaduraC.L. Ntra. Sra. del Prado (Cáceres)
  • Mellor iniciativa na Comunidade Autónoma de Castela e LeónQueserias Entrepinares, SAU (Valladolid)

Un dos principais obxectivos desta convocatoria pública é facer visibles as empresas que, a través das súas políticas e sistemas de xestión, desenvolven actividades responsables en materia de conciliación da vida profesional, familiar e persoal e en igualdade de oportunidades.

Nesta segunda edición recibíronse un total de 21 solicitudes da rexión transfronteiriza (Galicia, Castela e León, Estremadura e Norte de Portugal) e contouse coas solicitudes presentadas na 1º edición que non resultaron premiadas.

A entrega de premios celebrouse no Salón de Actos da Consellería de Emprego e Industria da Junta de Castela e León o martes, 5 de novembro, de 2019. Entre outras autoridades, asistiu a Subdirectora Xeral de Relacións Laborais da Xunta de Galicia, María Coutinho.