Eventos

Convocatoria pública transfronteiriza de premios de conciliación e igualdade laboral

Ábrese a convocatoria pública transfronteiriza de premios para o recoñecemento a empresas cunha traxectoria destacada na implantación de política de conciliación e igualdade, enmarcada no proxecto POCTEP GEMCAT “Xeración de Emprego de Calidade Transfronteirizo”.

 

O prazo para presentar candidatura e optar aos premios da 1º edición dos premios ábrese hoxe, 18 de marzo do 2019, e finaliza o 18 de maio do 2019.

 

Para máis información pode consultar as bases reguladoras dá convocatoria:

Bases español

Bases portugués

Bases galego

 

As empresas interesadas en participar deberán presentar a súa solicitude, preferiblemente, a través do formulario de solicitude en liña.