Eventos

O venres, 14 de xuño, sesión sobre igualdade e conciliación na RSE Innolab galega

O venres, 14 de xuño, a RSE Innolab de Galicia recibe a visita de Ana Núñez e Anabel Martínez, dous referentes na comunidade autónoma galega para lograr o impulso da igualdade e a conciliación nas empresas.

A cita é nas instalacións da Confederación de Empresarios de Pontevedra (Vigo) a partir das 17 horas.

A actividade é de balde e está aberta a todas aquelas empresas interesadas nos temas de igualdade e de conciliación.