Os resultados de GEMCAT (Xeración de Emprego de Calidade Transfronteirizo) vanse presentar en Ourense o 17 de decembro

Os resultados de GEMCAT (Xeración de Emprego de Calidade Transfronteirizo) vanse presentar en Ourense o 17 de decembro

O evento, aberto ao público, celebrarase nas instalacións do Hotel Barceló da cidade de As Burgas a partir das 9:15 horas  

Durante a xornada vanse entregar premios a 8 empresas, dúas delas galegas, que apostan pola igualdade de oportunidades, así como pola posta en marcha de medidas de conciliación laboral e persoal  

A xornada inclúe a celebración do Foro anual de Diálogo Social Transfronteirizo, que clausurará o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde

 Ourense, 5 de decembro de 2019. Ourense é a cidade elixida para a presentación dos resultados do proxecto europeo GEMCAT (Xeración de Emprego de Calidade Transfronteirizo) liderado pola Xunta de Galicia. Será o vindeiro martes, 17 de decembro, nas instalacións do Hotel Barceló da cidade de As Burgas.

Ademais do Goberno galego, as outras entidades socias, a Junta de Castilla y León, Junta de Extremadura, Universidade do Porto, CIM Alto Minho e Cámara Municipal de Braga darán a coñecer os logros do conxunto de actividades realizadas no marco de GEMCAT, un proxecto que pivota sobre a Responsabilidade Social Empresarial, a demografía e a conciliación e o Diálogo Social.

O 17 de decembro tamén se realizará a entrega dos premios GEMCAT. Concretamente, vanse recoñecer publicamente un total de 4 empresas polas súas iniciativas en materia de igualdade de oportunidades e outras 4 polo seu compromiso en materia de conciliación laboral e persoal. Dúas das premiadas serán empresas de Galicia, o resto de Estremadura, Castela e León e Norte de Portugal.

Ese mesmo día vai celebrar o Foro anual de Diálogo Social Transfronteirizo, cuxa inauguración estará a cargo da Secretaria Xeral de Emprego, Covadonga Toca. A cita servirá para coñecer os resultados das Mesas de Diálogo Social no sector téxtil.  Por outra banda, haberá unha mesa redonda na que participarán representantes das Mesas de Diálogo Social Transfronteirizo no sector téxtil. O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, será o encargado de clausurar o Foro.

A xornada é aberta ó público, e as persoas que desexen asistir deberán incribirse previamente a través de http://bit.ly/JornadasGEMCAT

Consulta o programa completo da xornada.