Máis de 1.000 asistentes a actividades formativas e máis de 600 pemes transfronteirizas participantes, é o principal balance do proxecto GEMCAT

Máis de 1.000 asistentes a actividades formativas e máis de 600 pemes transfronteirizas participantes, é o principal balance do proxecto GEMCAT

Ourense, 17 de decembro de 2019. Máis de 600 empresas transfronteirizas participaron en GEMCAT (Generación de Empleo de Calidad Transfronterizo), un proxecto que lidera a Xunta de Galicia. Por outra parte, as actividades celebradas contaron coa asistencia de máis de 1.000 persoas. Son algunhas das cifras dun proxecto que permitiu a creación dun marco de cooperación institucional con resultados concretos e melloras tanxibles no mercado laboral transfronteirizo entre España e Portugal.

A Responsabilidade Social Empresarial, o Diálogo Social, a Demografía e Conciliación e a Transferencia foron os pilares principais de GEMCAT. Neste contexto, realizáronse 4 Foros de Diálogo Social Transfronteirizo e  8 Mesas de Diálogo Social  sectorial (industria, textil, automoción e agropecuario). Por outra parte, máis dunha vintena de axentes sociais de Galicia, Castila e León, Estremadura e Norte de Portugal participaron nestes eventos.

Polo que respecta ás medidas de Responsabilidade Social Empresarial, GEMCAT posibilitou o desenvolvemento de máis dun cento de dinámicas de creatividade, 42 accións formativas e 39 sesións networking. No apartado de demogafía e conciliación, premiáronse 24 empresas en 3 edicións de premios de Conciliación e Igualdade. Por outra parte, creáronse grupos de traballo con redes de outras comunidades e no ámbito transnacional.

Na presentación de resultados de GEMCAT, a Subdirectora Xeral de Relacións Laborais da Xunta de Galicia, María Coutinho, destacou que “este proxecto europeo permitu perfeccionar a capacidade das políticas públicas para crear manter Emprego de calidade”.  Ademais, a Subdirectora Xeral puxo en valor que “fomentamos a incorporación de medidas de igualdade de oportunidades e a favor da conciliación, así como de medidas de responsabilidade social empresarial”.

Entre outubro de 2015 e marzo de 2020, o proxecto GEMCAT contou con 1,3 millóns de euros. O 75%, con financiamento europeo.

Consulta o díptico cos principais resultados do proxecto.