O 10 de maio comeza o curso “Xestión estratéxica para a sustentabilidade dende o enfoque da economía circular”

O 10 de maio comeza o curso “Xestión estratéxica para a sustentabilidade dende o enfoque da economía circular”

A partir do 10 de maio vai impartir unha nova formación, especializada e gratuíta, en materia de responsabilidade social empresarial.

Será na oficina de RSEInnolab, situada na Confederación de Empresarios de Pontevedra (Vigo).

O curso leva por título Xestión estratéxica para a sustentabilidade desde o enfoque da economía circulare o prazo para inscribirse xa está aberto.

O alumnado poderá coñecer cales son os retos da sustentabilidade así como os obxectivos do Pacto Mundial neste aspecto.

Por outra banda, o profesorado incidirá na actual normativa e as tendencias lexislativas.

As clases incluirán partes teóricas con outras de carácter práctico.

O curso finaliza o sábado, 8 de xuño.