O 18 de xuño celebrouse a 7º reunión de entidades socias do proxecto GEMCAT _ Xeración de Emprego de Calidade Transfronteirizo, liderado pola Xunta de Galicia e participado polos socios de Portugal, Castela e León e Estremadura

O 18 de xuño celebrouse a 7º reunión de entidades socias do proxecto GEMCAT _ Xeración de Emprego de Calidade Transfronteirizo, liderado pola Xunta de Galicia e participado polos socios de Portugal, Castela e León e Estremadura

A Secretaría Xeral de Emprego da Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia, xunto cos seus parceiros a Consellería de Emprego da Xunta de Castela e León; a Dirección Xeral de Traballo da Consellería de Educación e Emprego da Xunta de Estremadura; CIM Alto Minho; Universidade do Porto e a Cámara Municipal de Braga, celebraron o pasado 18 de xuño, na Rectoría da Universidade de Porto , a sétima reunión do Comité de Dirección do proxecto GEMCAT.

 

Compre sinalar , que no que respecta a actividade 3 do proxecto GEMCAT “crecemento demográfico, conciliación responsable e igualdade de oportunidade”, procedeuse á aprobación polas entidades socias de 25 propostas a incluír na súas estratexias rexionais, as cales se enmarcan dentro de 5 eixos:

  1. Dinamización económica e empregabilidade
  2. Xestión do cambio demográfico e política migratoria
  3. Coordinación e mellora dos recursos para a conciliación
  4. Xestión e usos do tempo laboral, familiar e persoal
  5. Sensibilización en materia de conciliación, educación e envellecemento activo

 

Así mesmo, está previsto levar a cabo, a través da oficina RSE INNOLAB , un programa de mentorizaxe para pemes ligado á igualdade de oportunidades: RSE+ I, co que se pretende impulsar unha maior implantación da igualdade de oportunidades nas pemes transfronteirizas cun acompañamento real, a través da figura dun/unha titor/ora que facilite este labor.

 

Outra das medidas que tamén se aprobou foi a elaboración dunha memoria audiovisual do proxecto que divulgue os resultados alcanzados e contribúa á difusión dos mesmos en distintos medios.

 

Asi mesmo, se decidiu que a vindeira reunión de socios do proxecto GEMCAT será celebrada no mes de setembro en Castela e León, coincidindo coa celebración do Foro de Diálogo Social Transfronteirizo do sector de automoción e coa entrega de galardóns da 2º edición de premios de conciliación laboral e igualdade de oportunidades, enmarcados no proxecto GEMCAT.