O 9 de maio terá lugar a celebración da terceira reunión técnica do proxecto GEMCAT sobre a actividade “Crecemento demográfico, conciliación responsable e igualdade de oportunidades”

O 9 de maio terá lugar a celebración da terceira reunión técnica do proxecto GEMCAT sobre a actividade “Crecemento demográfico, conciliación responsable e igualdade de oportunidades”

A Secretaría Xeral de Emprego da Xunta de Galicia, xunto cos seus socios (Consellería de Emprego da Junta de Castilla y León, Dirección Xeral de Traballo da Consellería de Educación e Emprego da Junta de Extremadura,; CIM Alto Minho, Universidade do Porto e a Cámara Municipal de Braga), celebrarán o próximo 9 de maio na Reitoría da Universidade do Porto (Praza Gomes Teixeira) a terceira reunión técnica do grupo de traballo que estuda o crecemento demográfico, conciliación responsable e igualdade de oportunidades.

O proxecto GEMCAT, aprobado no marco da primeira convocatoria do Programa Operativo de Cooperación Transfronteiriza España-Portugal, conta cun orzamento de 1.376.190 € repartido entre os seis socios.

No marco do proxecto desenvolveranse catro actividades técnicas:

Actividade 1. Diálogo social transfronteirizo.

Actividade 2. Compromiso social por un emprego de calidade.

Actividade 3. Crecemento demográfico, conciliación responsable e igualdade de oportunidades.

Actividade 4. Transferencia.

A mencionada reunión de traballo centrarase na actividade 3 (Crecemento demográfico, conciliación responsable e igualdade de 0portunidades), liderada pola Universidade do Porto, e nela presentarase o estudo Evolución demográfica e implicacións no mercado de traballo transfronteirizo para o seu validación final polas entidades socias do proxecto.