O curso “A xestión da RSE. Materia pendente” empeza o 8 de maio na RSE Innolab galega

O curso “A xestión da RSE. Materia pendente” empeza o 8 de maio na RSE Innolab galega

O mes de maio arrincará cunha nova formación na oficina de RSE Innolab galega, situada na Confederación de Empresarios de Pontevedra (Vigo).

A formación programadaA xestión da RSE. Materia pendente comeza o mércores, 8 de maio e finaliza o sábado, 15 de xuño.

Os asistentes poderán coñecer as ferramentas para xestionar a responsabilidade social empresarial, así como a importancia que ten para as empresas o dominio das mesmas.

Por outra banda, o curso vai permitir adquirir coñecementos relacionados coa xestión dos públicos da empresa; desde clientes e traballadores, ata investidores e Administración. O curso está dirixido a todos os colectivos da empresa.

 

Podes inscribirte a través da seguinte ligazón.