O mércores, 10 de abril, empeza o curso “Entende a RSC e elabora o plan de acción da túa organización” na RSEInnolab galega

O mércores, 10 de abril, empeza o curso “Entende a RSC e elabora o plan de acción da túa organización” na RSEInnolab galega

Xa está aberto o prazo de inscrición no curso “Entende a RSC e elabora o plan de acción da túa organización”.

A actividade formativa impartirase a partir do 10 de abril na RSEInnolab galega, situada nas instalacións da Confederación de Empresarios de Pontevedra (Vigo).

O curso está dirixido a persoas con responsabilidade nalgunha das dimensións da RSE da empresa: responsables e técnicos de RSE/Márketing e Comunicación/ RRHH/ medioambiente.

Por outra banda, a formación está pensada para as persoas interesadas en coñecer as implicacións que este concepto empresarial supón para a xestión e ás relacións da empresa coa sociedade.

As datas do curso son:

  • Mércores 10 de abril de 16 h a 21 h
  • Mércores 17 de abril de 16 h a 21 h
  • Xoves 25 de abril de 16 h a 21 h
  • Venres 26 de abril de 09 h a 14 h
  • Sábado 27 de abril de 09 h a 14 h
  • Venres 3 de maio de 09 h a 14 h e 16 h a 21 h
  • Sábado 4 de maio de 09 h a 14 h

 

Inscríbete na seguinte ligazón