O municipio de Braga aposta pola creación de Emprego de Calidade Transfronteirizo

O municipio de Braga aposta pola creación de Emprego de Calidade Transfronteirizo

O proxecto de “Xeración de Emprego de Calidade  Transfronteirizo- GEMCAT” atópase impulsado pola Xunta de Galicia enfocado cara á responsabilidade social das peme’s. Mediante a súa aplicación preténdese favorecer a “creación dun mercado de traballo en harmonía ligado cun crecemento intelixente, sustentable e integrador enfocado na xeración de emprego e redución da pobreza”.

Na entrevista realizada a Ricardo Río, autarca bracarense e a Sandra Araújo, administradora de Edit Value (consultora empresarial), explícannos a importancia do proxecto GEMCAT no municipio de Braga.

Segundo Ricardo Río, o obxectivo é “expandir o máximo posible as boas prácticas empresariais”, considerando “as condicións que son propiciadas aos recursos humanos deben ser cada vez mellores”. Ademais, defende que “non pasa só pola dimensión remuneratoria”, senón tamén, pola “creación de condicións de traballo de calidade”.

Doutra banda, Sandra Araújo destaca que “a responsabilidade social pode ser posta en práctica en varias dimensións, desde a área social á área de recursos humanos ou ambiental”. “Ao nivel social temos sinerxias que as empresas van facendo ou os apoios que dan as institucións, a nivel interno son todas as prácticas que as empresas poidan promover a nivel, por exemplo, da conciliación traballo/ familia ou igualdade xénero”.

O proceso pasa inicialmente, por unha selección de empresas seguidas dunha fase de titorización e consultoría. As inscricións atópanse abertas ata final de mes, nestas, os interesados deben cumprimentar o formulario que se atopa dispoñible na Cámara Municipal. No total, serán seleccionadas sete empresas, que serán, no fondo, empresas-piloto para aplicación da responsabilidade social, e cuxo criterio de elección será a orde de inscrición. O obxectivo central do proxecto é, entón, “crear emprego de calidade”, a través de accións “que leven a un comportamento responsable para cos públicos interno e externo”.

Consulta noticias relacionadas nas seguintes fontes:

Correio do Minho

Diário do Minho