O PASADO 11 DE DECEMBRO CELEBROUSE UNHA REUNIÓN DE SOCIOS DO PROXECTO GEMCAT _ XERACIÓN DE EMPREGO DE CALIDADE TRANSFRONTEIRIZO, APROBADO NO MARCO DA PRIMEIRA CONVOCATORIA DO PROGRAMA INTERREG V- ESPAÑA- POTUGAL 2014-2020 (POCTEP), LIDERADO POLA XUNTA DE GALICIA E PARTICIPADO POLOS SOCIOS DE PORTUGAL, CASTELA E LEÓN E EXTREMADURA

O PASADO 11 DE DECEMBRO CELEBROUSE UNHA REUNIÓN DE SOCIOS DO PROXECTO GEMCAT _ XERACIÓN DE EMPREGO DE CALIDADE TRANSFRONTEIRIZO, APROBADO NO MARCO DA PRIMEIRA CONVOCATORIA DO PROGRAMA INTERREG V- ESPAÑA- POTUGAL 2014-2020 (POCTEP), LIDERADO POLA XUNTA DE GALICIA E PARTICIPADO POLOS SOCIOS DE PORTUGAL, CASTELA E LEÓN E EXTREMADURA

  • Nesta reunión xuntáronse por quinta vez os membros do Comité de Dirección do proxecto, que da conta do seguimento e coordinación do proxecto, e estivo integrada polos principais representantes e persoal técnico.
  • Realizouse unha revisión do estado de execución das actividades técnicas do proxecto.
  • A Xunta de Galicia presentou un avance da metodoloxía deseñada para as actividades:

A Secretaría Xeral de Emprego da Xunta de Galicia, xunto cos seus parceiros a Consellería de Emprego da Xunta de Castela e León; a Dirección Xeral de Traballo da Consellería de Educación e Emprego da Xunta de Estremadura; CIM Alto Minho; Universidade do Porto e a Cámara Municipal de Braga, celebraron o pasado 11 de decembro na sede da Secretaría Xeral de Emprego da Xunta de Galicia, unha reunión de Comité de Dirección do proxecto GEMCAT, un proxecto promovido pola Xunta de Galicia e co cal se pretende a creación dun marco favorable para a Xeración de Emprego Transfronteirizo de Calidade.

Ata o momento celebráronse 5 reunións de Comité de Dirección e 5 reunións de carácter técnico.

No marco da reunión celebrada, en primeiro lugar foron validados os acordos tomados en reunións anteriores, firmando todos os representantes das entidades socias no proxecto, as actas das reunións Técnicas e de Comité de Dirección levadas a cabo.

Nun segundo punto do orde do día, realizouse unha revisión do estado de execución das actividades técnicas do proxecto.

Actividade 1 Diálogo Social Transfronteirizo: presentáronse os principais avances nas mesas de Diálogo Social Transfronterizo levadas a cabo. A primeira mesa levada a cabo foi a do  sector de Automoción celebrada en Valladolid o día 26 de setembro na que participaron por parte de Castela e León, representantes das consellerías de Emprego, Economía e Facenda, da Fundación Ancoraxe e dos Axentes Económicos e Sociais da Comunidade, mentres que a presenza portuguesa ha estado representada polos responsables da  Comunidade Intermunicipal  do Alto  Minho, pola  Autoridade para  as  Condiçoes  do  Trabalho, pola  Confederaçao Empresarial  do Alto  Minho e por UXT Viana. A segunda mesa do sector agropecuario foi celebrada o día 30 de novembro de 2018 e contou coa participación da Xunta de Extremadura  e o socio portugués CM de Braga. Ademais, informouse que a Secretaría  Xeral de  Emprego da Xunta de Galicia tiña previsto realizar o día seguinte a reunión de Comité de Dirección (mércores 12 de decembro) as súas mesas de diálogo social dos sectores Industria 4.0 e Téxtil, nas que participan as entidades portuguesas Porto e CIM Alto  Minho.

Actividade 2 Compromiso Social por un Emprego de Calidade: informouse do estado de execución da Axenda de RSE transfronteriza, estimando a presentación do informe conxunto en febreiro de 2019.

No caso do programa para inclusión da RSE en xaneiro comezará a selección dos mentores expertos na elaboración de diagnoses e plans de implantación das RSE nas PEMES, elaboraranse as Bases de Datos interesadas no proxecto, e deseñarase unha metodoloxía de traballo común a aplicar por tódolos socios do proxecto, baseada en dúas fases: Diagnose en materia de RSE e Plan de Acción e implantación das primeiras medidas.

En relación a Creación dunha RSE-Innolab, en xaneiro definirase a ubicación dos catro espazos RSE-Innolab: Galicia, Castela e León, Extremadura e Norte de Portugal, comezará a captación das empresas, o deseño dunha proposta de campaña de comunicación e difusión, unha proposta de programa formativo mensual incluíndo dinámicas de creatividade e por último o deseño dunha metodoloxía de traballo común para os catro espazos.

Actividade 3 Crecemento demográfico, conciliación responsable e igualdade de oportunidades: Creouse o comité plurirexional de traballo para o análise da evolución demográfica do espazo en outubro de 2017, informouse que o estudo de evolución demográfica e implicacións no mercado de traballo transfronteirizo será publicado unha vez sexa validado por tódalas institucións parceiras, e debateuse sobre a Convocatoria pública transfronteiriza de premios anuais para o recoñecemento a empresas cunha traxectoria destacada na implantación de política de conciliación e igualdade e organización dun evento de entrega de premios de recoñecemento.

Actividade 4 Transferencia: a Xunta de Castela y León contratou o deseño e desenvolvemento informático do Banco Multimedia de experiencias e Boas Prácticas en materia de conciliación. No marco da reunión presentaron a proposta do sistema e na próxima semana estará funcionando en tres idiomas.

Por último, planeouse a celebración da vindeira reunión de Comité de Dirección no mes de febreiro en Braga, na sede da Cámara Municipal de Braga, así como a celebración dunha reunión do grupo de traballo da actividade 3. Crecemento demográfico, conciliación responsable e igualdade de oportunidades, para definir e lanzar a Convocatoria pública transfronteiriza de premios anuais para o recoñecemento a empresas cunha traxectoria destacada na implantación de política de conciliación e igualdade.