Oito empresas da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, de Castela e León e de Estremadura reciben os primeiros premios de conciliación e igualdade, no marco do proxecto GEMCAT

Oito empresas da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, de Castela e León e de Estremadura reciben os primeiros premios de conciliación e igualdade, no marco do proxecto GEMCAT

Oito empresas da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, de Castela e León e de Estremadura acaban de ser recoñecidas cos primeiros premios de Conciliación e Igualdade no marco do proxecto GEMCAT, liderado pola Xunta de Galicia.

A entrega de premios realizouse na cidade portuguesa de Porto, sendo o Municipio de Braga, entidade socia do proxecto, a organizadora do evento, ao que asistiu a Secretaría Xeral de Emprego da Xunta de Galicia, que tamén forma parte do Xurado dos premios.

As empresas premiadas, nesta primeira edición, foron as seguintes:

Recoñecemento en materia de Conciliación Laboral e Persoal

  • Mellor iniciativa na rexión Norte de Portugal – BMVIV, SA (Viana do Castelo)
  • Mellor iniciativa na Comunidade Autónoma de Galicia – Tecalis Innovación SL (Coruña)
  • Mellor iniciativa na Comunidade Autónoma de  Extremadura – Lider Aliment SA (Badajoz)
  • Mellor iniciativa na Comunidade Autónoma de Castela e León – Plus Contacto Servicios Integrales, S.L. (León)

 Recoñecemento en materia de Igualdade de Oportunidades

  • Mellor iniciativa na rexión Norte de Portugal – Flexicel Portugal Lda (Braga)
  • Mellor iniciativa na Comunidade Autónoma da Galicia – Applus+ (Coruña)
  • Mellor iniciativa na Comunidade Autónoma de Extremadura – Lider Aliment SA (Badajoz)
  • Mellor iniciativa na Comunidade Autónoma de Castela e León – GRUPO ASPASIA IBECON S.L. (Valladolid)

En total, presentarónse 32 candidaturas para optar a estes galardóns. Máis da metade delas, proceden de pequenas e medianas empresas. Por actividade, o 72% son empresas do sector servizos.

Coa entrega destes galardóns, o proxecto GEMCAT realiza un recoñecemento público ás empresas que desenvolven medidas para garantir igualdade entre homes e mulleres, así como a aquelas que adoptan iniciativas de conciliación.