Presentación do proxecto gemcat

Presentación do proxecto gemcat

O PASADO 27 DE OUTUBRO CELEBROUSE A XORNADA DE PRESENTACIÓN DO PROXECTO GEMCAT_ XERACIÓN DE EMPREGO DE CALIDADE TRANSFRONTEIRIZO, APROBADO NO MARCO DA PRIMEIRA CONVOCATORIA DO PROGRAMA INTERREG V- ESPAÑA- POTUGAL 2014-2020 (POCTEP), LIDERADO POLA XUNTA DE GALICIA E PARTICIPADO POLOS SOCIOS DE PORTUGAL, CASTILLA E LEÓN E EXTREMADURA

  • Presentáronse os principais obxectivos e actividades do proxecto GEMCAT cos que se pretende mellorala eficiencia das políticas públicas de estimulo para a creación e mantemento de Emprego de calidade.
  • Xornada participativa e dinámica a través dunha mesa redonda onde participaron empresas das rexións socias.
  • Relatorio marco sobre as medidas concretas de conciliación laboral e familiar a cargo do director da Fundación Máis Familia
  • Por de manifesto as iniciativas conxuntas existentes para crear un emprego de calidade na eurorrexión Galicia- Norte de Portugal

Santiago, 30 de outubro de 2017.- A Secretaría Xeral de Emprego da Xunta de Galicia, xunto cos seus parceiros a Consellería de Emprego da Xunta de Castela e León; a Dirección Xeral de Traballo da Consellería de Educación e Emprego da Xunta de Estremadura; CIM Alto Minho; Universidade do Porto e a Cámara Municipal de Braga, celebraron o pasado 27 de outubro, na Escola Superior Ciências Empresariais de Valença do Minho (Portugal), a xornada de lanzamento do proxecto GEMCAT que se trata dun proxecto promovido pola Xunta de Galicia e co cal se pretende a creación dun marco favorable para a Xeración de Emprego Transfronteirizo de Calidade.

O longo da xornada realizouse unha breve presentación das principais actividades do proxecto, sustentadas en catro grandes eixos, cos que se pretende construír un marco de traballo institucional: Diálogo Social Transfronteirizo; Compromiso Social por un Emprego de Calidade; Crecemento Demográfico, Conciliación Responsable e Igualdade de Oportunidades; Mecanismos de difusión e transferencia.

Tratouse dunha xornada participativa e dinámica, tanto en canto, un grupo de empresas, pertencentes ás distintas rexións que forman parte do partenariado do proxecto, expuxeron as súas experiencias e actuacións en materia de RSE. Concretamente, contouse coa participación dunha peme galega (M. Caeiro SA ), unha empresa portuguesa (Primavera) e unha empresa estremeña (Grupo Poblador).