Proxecto GEMCAT distingue 8 empresas da rexión transfronteiriza coas mellores prácticas de conciliación e igualdade de oportunidades

Proxecto GEMCAT distingue 8 empresas da rexión transfronteiriza coas mellores prácticas de conciliación e igualdade de oportunidades

No contexto da 1ª edición da convocatoria pública dos premios transfronteirizos para recoñecer as empresas cunha traxectoria notable na aplicación das políticas de conciliación e igualdade, enmarcado no proxecto GEMCAT – Xeración de Emprego de Calidade Transfronteirizo co-financiado polo programa INTERREG V – España-Portugal (POCTEP), xa se coñecen as 8 empresas gañadoras.
Un dos principais obxectivos desta convocatoria pública é facer visibles as empresas que, a través das súas políticas e sistemas de xestión, desenvolveron actividades responsables en materia de conciliación da vida profesional, familiar e persoal e igualdade de oportunidades, evidenciando así o seu empeño activo na sociedade.
Nesta primeira edición recibíronse o total de 32 solicitudes da rexión transfronteiriza (Galicia, Castela e León, Estremadura e Norte de Portugal), distinguíronse 8 empresas, dúas por cada rexión ou Comunidade Autónoma que forma o proxecto GEMCAT, un para cada modo de recoñecemento.
As empresas gañadoras desta primeira edición son:
Recoñecemento en materia de Conciliación Laboral e Persoal
Mellor iniciativa na rexión Norte de Portugal – BMVIV, SA (Viana do Castelo)
Mellor iniciativa na Comunidade Autónoma de Galicia – Tecalis Innovación SL (Coruña)
Mellor iniciativa na Comunidade Autónoma de Estremadura – Lider Aliment SA (Badaxoz)
Mellor iniciativa na Comunidade Autónoma de Castela e León – Plus Contacto Servizos Integrais, S.L. (León)
Recoñecemento en materia de Igualdade de Oportunidades
Mellor iniciativa na rexión Norte de Portugal – Flexicel Portugal Lda (Braga)
Mellor iniciativa na Comunidade Autónoma dá Galicia – Applus+ (Coruña)
Mellor iniciativa na Comunidade Autónoma de Estremadura – Lider Aliment SA (Badaxoz)
Mellor iniciativa na Comunidade Autónoma de Castela e León – GRUPO ASPASIA IBECON S.L. (Valladolid)
Mediante a celebración da entrega de premios transfronteirizos que terá lugar 18 de xuño en Portugal, no Salón Nobre – Rectoría da Universidade do Porto, integrada no Foro de Diálogo Social Industria 4.0, fomentarase o intercambio de experiencias co obxectivo de seguir construíndo un marco de cooperación internacional que achegue resultados concretos e melloras tanxibles no mercado laboral transfronteirizo de España (Galicia, Castela e León e Estremadura) e Norte de Portugal.