O apoio ao desenvolvemento de políticas de Emprego de calidade é un dos alicerces sobre os que se sustenta a política social da Unión Europea.
En coherencia co Eixo 4 do Programa de Cooperación Territorial Transfronteiriza para España e Portugal 2014-2020, o Proxecto de Xeración de Emprego de Calidade Transfronteirizo (GEMCAT) ten como un dos seus principais desafíos lograr un mercado de traballo en harmonía con un crecemento intelixente, sustentable e integrador, que poña o acento na creación de emprego e a redución da pobreza.
Para iso, promove a construción dun marco de cooperación institucional entre os Estados membros, que fomente a coordinación e a aproximación das políticas nacionais, así como a participación entre institucións, autoridades locais e autonómicas e interlocutores sociais.