Un total de 8 empresas reciben os galardóns da terceira edición da convocatoria pública dos premios GEMCAT

Un total de 8 empresas reciben os galardóns da terceira edición da convocatoria pública dos premios GEMCAT

Ourense, 17 de decembro de 2019. No contexto da 3ª edición da convocatoria pública dos premios transfronteirizos para recoñecer as empresas cunha traxectoria notable na aplicación das políticas de conciliación e igualdade, enmarcado no proxecto GEMCAT – Xeración de Emprego de Calidade Transfronteirizo co-financiado polo programa INTERREG V – España-Portugal (POCTEP), xa se coñecen as 8 empresas gañadoras.

Mellor iniciativa de conciliación laboral e familiar

  • Norte de Portugal: Blisq Creative, LDA
  • Comunidad Autónoma de Galicia: PS Vet Dairyquality, S.L.
  • Comunidad Autónoma de Estremadura: Grupo Data Cumplimiento Normativo, S.L.
  • Comunidad Autónoma de Castela e León: Grupo Itevelesa, S.L.

Mellor iniciativa en igualdad de oportunidades

  • Norte de Portugal: Inno-Serviços Especializdos em Veterinária, LDA
  • Comunidad Autónoma de Galicia: Dielectro Industrial, S.A.U.
  • Comunidad Autónoma de Estremadura: Gran Hotel Don Manuel, S.L.
  • Comunidad Autónoma de Castilla y León: Comercial Hispanofil, S.A.U.

 

Un dos principais obxectivos desta convocatoria pública é facer visibles as empresas que, a través das súas políticas e sistemas de xestión, desenvolveron actividades responsables en materia de conciliación da vida profesional, familiar e persoal e en igualdade de oportunidades, evidenciando así o seu empeño activo na sociedade.

Nesta terceira edición recibíronse un total de 11 solicitudes da rexión transfronteiriza (Galicia, Castela e León, Estremadura e Norte de Portugal) e contouse coas solicitudes presentadas na 1º e 2º edición que non resultaron premiadas.

Entre todas elas, distinguíronse 8 empresas, dúas por cada rexión ou Comunidade Autónoma  (1 por modalidade) que conforma o proxecto GEMCAT.

Mediante a celebración da entrega de premios transfronteirizos, que tivo lugar o 17 de decembro en Galicia, no Hotel Barceló de Ourense (( R/ M. Curros Enríquez, 1) fomentouse o intercambio de experiencias co obxectivo de seguir construíndo un marco de cooperación internacional que achegue resultados concretos e melloras tanxibles no mercado laboral transfronteirizo de España (Galicia, Castela e León e Estremadura) e Norte de Portugal.