Webinar sobre o futuro dos Obxectivos de Desenolvemento Sustentable ODS, o martes, 19 de maio

Webinar sobre o futuro dos Obxectivos de Desenolvemento Sustentable ODS, o martes, 19 de maio

Os Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable ODS van ser or protagonistas do ciclo de diálogos que ten en marcha a Universidade de Santiago de Compostela baixo o título COVID-19: Hoy ya es el día después.
Será nunha webinar que se celebra o martes, 19 de maio, a partir das 19 horas. 
Nesta cita interveñen  Josefa de León Blanco e Cristina Sánchez, da Red Española Pacto Mundial. Por outra parte, estarán as profesoras de Dereito Mercantil da Universidade de León,  Elena Pérez, e de Economía Financiera e Contabilidadade, Noelia Romero da Universidade de Santiago de Compostela.
Se queres asistir, debes incribirte previamente neste enlace.