Xa está en marcha o primeiro curso formativo da RSE Innolab galega

Xa está en marcha o primeiro curso formativo da RSE Innolab galega

A RSE como cuarto alicerce da xestión empresarial é o primeiro curso que se está impartindo na sede a RSE Innolab galega, situada nas instalacións da Confederación de Empresarios de Pontevedra (Vigo).

Esta actividade comezou o 27 de marzo e vaise a prolongar ata o 27 de abril.

Durante a formación, os alumnos participaron nunha dinámica creativa e, para iso, organizáronse en diferentes embaixadas.

Ademais, creouse unha mesa de Institucións Europeas e Nacionais, representada pola docente do curso e desde a que se ofrecía asesoramento.

A dinámica tivo como base as últimas directrices e avances en materia de regulación da RSE desde Europa e desde España.

Por outra banda, os alumnos saíron á rúa para explicar aos viandantes o concepto de responsabilidade social empresarial.

Entre os aspectos positivos da dinámica, hai que destacar a modo de conclusión que, á marxe das institucións, é necesario o carácter proactivo no desenvolvemento da RSE e que é útil e necesaria a concienciación sobre esta materia.

O próximo curso de RSE, Entende a RSC e elabora o plan de acción da túa organización, empeza o 10 de abril.