06 Xuñ O curso “Xestión estratéxica para a sustentabilidade dende el enfoque de la economía circular” finaliza o 8 de xuño cunha sesión networking
A formación especializada “Xestión estratéxica para a sustentabilidade desde o enfoque da economía circular”, que comezou o 10 de maio, finaliza este sábado, 8 de xuño.
A actividade despídese cunha sesión networking na RSE Innolab galega.
A través desta actividade formativa os alumnos e as alumnas puideron coñecer os retos actuais da sustentabilidade.
Por outra banda, adquiriron nocións para poder integrar eses retos na empresa mediante a planificación estratéxica.
O curso incluíu varias dinámicas para facilitar a aprendizaxe. Entre outras actuacións, o público asistente deseñou unha iniciativa para lograr que Vigo se convirta nunha cidade libre de plásticos dun só uso.