Proxecto

GEMCAT_Capitaliza

Capitalización de GEMCAT promovendo medidas de igualdade laboral e RSE nas empresas para impulsar a Xeración de Emprego Transfronteirizo de Calidade.

eixe 4

Mellora da capacidade institucional e da eficiencia da administración pública mediante a cooperación transfronteiriza.

Obxectivo

Capitalizar e transferir os resultados de 345_ GEMCAT_6_E (Xeración de Emprego de Calidade Transfronteirizo), concretamente da acción “Compromiso social por un emprego de calidade e sostible”, mediante novas accións potenciadoras de medidas de igualdade laboral e de RSE, mediante:

0101

Transferencia

Transferencia de coñecemento en materia de RSE+I cara ás pemes a través dun espazo virtual transfronteirizo piloto

0202

Identificación

Círculos de traballo con empresas para identificar melloras na promoción de medidas RSE+I

0303

Divulgación

Divulgar os resultados e conclusións xerados para un futuro proxecto POCTEP 2021-2027 encadrado no OP 4, Prioridade 5, destinado a promover a implantación de medidas RSE+I en empresas e contribuír a potenciar o emprego de calidade.

Resultados esperados

Os principais resultados son:

plataforma virtual transfronteiriza

Testar unha plataforma virtual transfronteiriza de coñecemento e formación, co obxectivo de crear o futuro Campus de Igualdade Laboral Ibérico que melloraría a eficacia e o carácter inclusivo dos mercados de traballo e o acceso ao emprego de calidade, tal e como recolle o OP4, e concretamente o OE 4.1

Identificar áreas de mellora

Identificar mediante reunións de traballo con empresas, principalmente pemes, áreas de mellora nas políticas de promoción de medidas de igualdade laboral e RSE en empresas

foros transfronteirizos

Divulgar e poñer en común mediante foros transfronteirizos abertos a todos os grupos de interese, os resultados obtidos para a formulación do Campus de Igualdade Laboral Ibérico e outras iniciativas de RSE+I en empresa.

Prazo de execución:

1 de xaneiro de 2023    –    30 de xuño de 2023