Actividades

A1 ACTIVIDADE TÉCNICA DE CAPITALIZACIÓN.

Potenciación da incorporación de medidas de igualdade laboral e RSE nas empresas

O obxectivo desta actividade é, por unha banda, capitalizar os resultados obtidos da acción de “Compromiso social por un emprego de calidade e sostible” desenvolvida en GEMCAT, continuando o principio de formación e información con foco na igualdade laboral e medidas RSE. Doutra banda, preténdese testar os recursos creados en GEMCAT_Capitaliza destinados a transferir e compartir coñecemento en materia de RSE+I cara ás empresas, de modo que devanditos recursos sirvan para fundamentar o desenvolvemento de novas solucións conxuntas ampliadas.

ACCIÓN 1

Creación dun espazo virtual transfronteirizo piloto de coñecemento en RSE +I

Esta acción capitaliza directamente a experiencia obtida do programa de mentorización para Pemes e do ciclo de webinars en materia de RSE desenvolvidos no marco da acción “Compromiso Social por un emprego de calidade” de GEMCAT. Consiste o proporcionar un espazo formativo en liña baseado nunha plataforma de teleformación, que, a modo de proxecto piloto, dispoña de funcionalidades innovadoras para facilitar a experiencia de aprendizaxe por parte das persoas traballadoras en pemes a ambos os dous lados da fronteira entre Galicia e o Norte de Portugal.

O espazo virtual transfronteirizo piloto, albergará un catálogo variado de accións formativas gratuítas, impartidas por docentes expertos en materia de igualdade laboral e RSE, e enmarcadas en diferentes ámbitos relacionados coa igualdade efectiva entre homes e mulleres como a conciliación e a corresponsabilidade, o acoso laboral, ou teletraballo etc. Os tres socios do proxecto promoverán a organización destes cursos en liña.

ACCIÓN 2

Organización de círculos de traballo con empresas para identificar melloras na promoción de RSE +I

Organización de 4 círculos de traballo entre representantes das entidades socias do proxecto e empresas de calquera sector económico, fundamentalmente pemes, para obter información relativa ás dificultades que supón para elas implantar iniciativas de responsabilidade social empresarial e, concretamente, de igualdade laboral, así como para identificar melloras nas políticas públicas de promoción da igualdade laboral e RSE.

ACCIÓN 3

Celebración de foros transfronteirizos en materia de RSE +I

Celebración de 3 foros transfronteirizos abertos a empresas de todos os sectores económicos, introducindo en cada un deles, segundo onde se celebren, énfase nos sectores que durante o desenvolvemento de GEMCAT foron considerados estratéxicos para as rexións socias (industria 4.0, automoción, téxtil e agroalimentario). Os foros serán o marco para a posta en valor dos diferentes coñecementos, experiencias, boas prácticas etc., sobre unha materia como é a Igualdade laboral no marco da Responsabilidade Social Empresarial. Buscarase extraer unha visión teórica a partir das experiencias compartidas en senllos foros, que se plasmará nun documento de conclusións que sirva para atraer o interese de novas entidades doutras rexións do espazo de cooperación POCTEP de fronte ao desenvolvemento do Campus de Igualdade Laboral Ibérico.