I Círculo de traballo con empresas para identificar avances na promoción da Igualdade Laboral e RSE
Data do evento: 26-05-2023
O venres 26 de maio e o 2 de xuño terán lugar dous círculos de traballo con empresas para que de forma colaborativa se constrúan as dificultades para implantar iniciativas de RSE e as melloras nas políticas públicas de promoción de RSE e igualdade laboral. Estes encontros participativos entre empresas servirá como espazo de networking e teñen como obxectivo construír entre todas as entidades participantes as melloras nas políticas públicas de RSE.
Animámoste a que te inscribas e axudes a definir a nova RSE transfronteiriza!
