01 Xuñ Talleres formativos organizados pola Dirección Xeral de Relaciones Laborais da Consellería de Promoción de Emprego e Igualdade
A Dirección Xeral de Relaciones Laborais da Consellería de Promoción de Emprego e Igualdade do proxecto GEMCAT Capitaliza, puxeron en marcha accións formativas dirixido a profesionais de todo tipo de empresas e á sociedade xeral en materia de RSE+I, pero tamén a fomentar o fluxo e a transferencia do coñecemento e recursos xerados a ambos os dous lados da fronteira.
En concreto, até a data leváronse a cabo 4 cursos formativos sobre as seguintes temáticas:
Taller 1 – O principio de igualdade. Desafíos e oportunidades para un mercado de traballo sen estereotipos de xénero
Formación online de 4 horas en materia de Igualdade Laboral a través da cal se pretende que as persoas participantes profunden sobre a orixe socio cultural das diferenzas por razón de xénero e de sexo. Ademais de falar sobre a presenza equilibrada de mulleres e homes en todos os niveis da empresa e a eliminación da segregación vertical e/ou horizontal.
Taller 2 – A formación nas empresas con perspectiva de xénero
Formación online de 4 horas en materia de Igualdade Laboral a través da cal se pretende profundar sobre a integración do principio de igualdade na planificación da formación.
Taller 3 – O exercicio corresponsable dos dereitos da vida persoal, familiar e laboral
Formación en liña de 3 horas en materia de Igualdade Laboral a través da cal se pretende profundar sobre o principio de igualdade na conciliación e no exercicio corresponsable das tarefas de coidado: a adaptación da xornada de traballo, a ordenación do tempo e a forma de prestación.
Taller 4.- O Teletraballo e a desconexión dixital
Formación en liña de 3 horas en materia de Igualdade Laboral a través da cal se pretende profundar sobre o efecto da desconexión e o teletrabajo en mulleres e homes.