A actividade da RSE Innolab galega trasládase ás instalacións da asociación de comerciantes e empresarios AETRAVI de Vigo

A actividade da RSE Innolab galega trasládase ás instalacións da asociación de comerciantes e empresarios AETRAVI de Vigo

Os responsables da oficina RSE Innolab galega amplían o seu campo de acción e esta mañá trasladáronse ás instalacións da asociación de comerciantes e empresarios AETRAVI, situada en Vigo (Pontevedra).

Concretamente, a titora Sandra Fernández Prado foi a encargada de impartir a sesión networking de responsabilidade social empresarial, unha actividade na que puido presentar todo o que se está realizando no marco do programa Responsabilízache  así como desde a RSE Innolab galega, ámbolos dous programas impulsados pola Secretaría Xeral de Emprego da Xunta de Galicia.

Tras unha breve introdución teórica da RSE, os asistentes participaron en diferentes dinámicas creativas.

Unha delas consistiu na entrega dunha estrela de cartón para, deste xeito, promover de maneira simbólica, o desenvolvemento dunha acción de responsabilidade social empresarial.

Por outra banda, os asistentes participaron no dinámica “teléfono estragado” coa frase A RSE FAICHE TER OS PÉS NA TERRA E O CORAZÓN EN TODAS PARTES. Unha oración que finalmente se distorsionó ata converterse en aquí o importante é a igualdade.

A esta sesión asistiron 17 empresarios de pemes galegas.