26 Abr O alumnado do 2º curso da RSE Innolab aprende a elaborar un plan de acción
Entende a RSC e elabora o plan de acción da túa organización é o novo curso que se está impartindo na RSE Innolab galega, situada nas instalacións da Confederación de Empresarios de Pontevedra ( CEP).
Esta formación comezou o pasado 10 de abril e prolóngase ata o 4 de maio.
As empresas que asisten ao curso teñen a posibilidade achegarse ás entidades que implementaron accións de responsabilidade social empresarial.
Por outra banda, as persoas inscritas están a ser conscientes do enfoque estratéxico que representa a RSE na sociedade actual.
Ademais, o alumnado aprenderá a desenvolver o plan de acción dunha organización en materia de responsabilidade social empresarial.
O próximo curso A xestión da RSE. Materia pendente, comeza o 8 de maio e o prazo de inscripción xa está aberto.